Vacaciones en las Rías Altas | Turismo en las Rías Altas |  Guía oficial de las Rías Altas
  • Volver a RiasAltas.info
  • Blog
  • Menú Blog

Festival Sabores atlánticos | A Coruña

23/4/2018

Comments

 
A Coruña celebrará co novo Festival SAL, que terá lugar entre o 15 e o 17 de xuño, “a oferta gastronómica da cidade e a calidade dos seus produtos”
​

Alberto Lema destaca que o festival nace para poñer en valor a cociña atlántica coruñesa e converter a cidade no “referente gastronómico do noroeste da Península”.

O evento, que se fará na explanada do Parrote, contará con degustacións, catas, exhibicións de cociña, obradoiros, charlas e actividades infantís, entre outras. Os locais de restauración da cidade e food trucks galegas que queiran participar poden inscribirse de maneira
gratuira no web ata o 11 de maio
​

A Coruña, 20 de abril de 2018.- A Coruña contará desde este ano cun novo encontro para resaltar a gastronomía atlántica da cidade. O Concello impulsa, a través do Consorcio de Turismo, o Festival SAL Sabores Atlánticos, que se celebrará entre o 15 e o 17 de xuño na explanada do Parrote. O evento contará con exhibicións de cociña, obradoiros, degustacións, zona de camións de comida ou actividades infantís, entre outras moitas. O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, que preside tamén o Consorcio, destacou “que este festival é un paso máis para converter A Coruña no gran referente turístico gastronómico de Galicia e do noroeste da Península”. “A oferta gastronómica da cidade é un dos nosos máis fortes reclamos, non só pola calidade da nosa cociña senón tamén pola dos nosos produtos, pos iso este evento servirá tamén para destacar o sector produtivo”, indicou Lema. Deste xeito, o festival servirá “para a posta en valor da cociña atlántica, tanto na súa vinculación ao mar como dos produtos da horta, a través da reinvindicación da forza e o futuro das actividades pesqueiras e do rural galego, así como as novas formas de agricultura, gandeiría, pesca e produción acuícola sostible”.

Tal e como explica o concelleiro, “a restauración da Coruña terá un papel relevante no festival para expoñer a actual cociña da cidade, na que se dá cabida tanto á tradición como aos novos formatos e que reivindiquen a nosa gastronomía atlática de carácter único”. Neste sentido, a xerente do Consorcio, Lanzada Calatayud, indica que este evento “tamén responde a unha demanda histórica do sector gastronómico da cidade”. Os locais de restauración da Coruña e as food trucks de ámbito galego que queiran participar no evento poden inscribirse dende hoxe de maneira gratuira no web www.festivalsal.es ata o 11 de maio. Os postos asignaranse tendo en conta tanto a orde de solicitude como a proposta. Seleccionaranse un máximo de 18 puntos de venda e cinco food trucks. “Este festival vén a completar os eventos gastronómicos da cidade, algúns de impulso municipal como o Boucatise, as xornadas Lacónicas ou Tapas Picadillo ou outros que acollemos e cos que colaboramos como o Fórum Gastronómico, o Bo en boca ou o Sherry Festival, que non só atraen a un destacado número de visitantes senón que serven para aportar dinamismo ao sector”, incidiu Lema. O festival contará co apoio do colectivo Coruña Cociña e de marcas como Estrella Galicia, 1906 e Magma de Cabreiroá.

O Festival SAL Sabores Atlánticos contará con produtores e produtoras, cociñeiros e cociñeiros máis recoñecidos da rexión atlántica, así como un amplo abano de actividades que permitirán descubrir a riqueza e singularidade da nosa gastronomía. Están previstas degustacións, catas e exhibicións de cociña e cargo de profesionais de primeira liña e Estrellas Michelin, pero tamén outras actividades que permitirán coñecer máis de cerca a cociña atlántica como obradoiros e charlas. O programa, que se presentará en vindeiras datas, completarase con actividades para os nenos e as nenas, un espazo para produtores, zona de food trucks e concertos.
​
Imagen
Comments

    BLOG

    Recomendaciones, fiestas, leyendas, artículos... todo lo que debes saber si visitas las Rías Altas. 

    ArchivOs

    March 2022
    February 2022
    January 2022
    December 2021
    November 2021
    October 2021
    September 2021
    August 2021
    July 2021
    March 2021
    February 2021
    January 2021
    December 2020
    November 2020
    October 2020
    September 2020
    August 2020
    June 2020
    May 2020
    April 2020
    March 2020
    February 2020
    January 2020
    December 2019
    November 2019
    October 2019
    September 2019
    July 2019
    June 2019
    May 2019
    April 2019
    March 2019
    February 2019
    January 2019
    December 2018
    November 2018
    October 2018
    September 2018
    August 2018
    July 2018
    June 2018
    May 2018
    April 2018
    March 2018
    February 2018
    January 2018
    December 2017
    November 2017
    October 2017
    September 2017
    August 2017
    July 2017
    June 2017
    May 2017
    April 2017
    March 2017
    February 2017
    January 2017
    December 2016
    November 2016
    October 2016
    September 2016
    August 2016
    July 2016
    June 2016
    May 2016
    March 2016
    February 2016
    January 2016
    December 2015
    November 2015
    October 2015
    September 2015
    August 2015
    July 2015
    June 2015
    May 2015
    March 2015

    CategorÍAs

    All
    Ruta De Los Faros

    RSS Feed

INFORMACIÓN TURÍSTICA

Oficina de Turismo de A Coruña:
E-mail: oficina.turismo.coruna@xunta.es
​Teléfono: 881 881 278
Oficina de Turismo de Lugo:
E-mail: oficina.turismo.lugo@xunta.es
Teléfono: 982 231 361

INCLUYA SU NEGOCIO

Añadir negocio | Modificar negocio | Eliminar negocio
Rías Altas
SÍGUENOS:

PUBLICIDAD

Dirección: Velázquez Moreno 9
​Planta 7, oficina 16

36201 Vigo ( Pontevedra ) SPAIN
E-Mail: [email protected]
​Tarifas publicidad | Solicitar publicitarse
​
Descargar Folleto Publicidad
Catering Vigo | Catering Rías Baixas | Cursos Tablet | Cursos Online Bonificados  |  Tarjeta Fidelity | Best Choice | Consola
   © COPYRIGHT 2016. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS. Aviso legal · Política de privacidad · Política de cookies ·  Condiciones generales
Agrupación Galicia
  • Inicio
  • ORGANIZA TU VIAJE
    • Guía de establecimientos
    • Cómo llegar
  • Destinos
    • A Capela
    • A Coruña
    • Abegondo
    • Aranga
    • Ares
    • Arteixo
    • As Pontes
    • As Somozas
    • Bergondo
    • Betanzos
    • Cabanas
    • Cambre
    • Cariño
    • Carral
    • Cedeira
    • Cerdido
    • Coirós
    • Culleredo
    • Fene
    • Ferrol
    • Irixoa
    • Mañón
    • Miño
    • Moeche
    • Monfero
    • Mugardos
    • Narón
    • Neda
    • Oleiros
    • Ortigueira
    • Oza Cesuras
    • Paderne
    • Pontedeume
    • Sada
    • San Sadurniño
    • Valdoviño
    • Vilarmaior
  • CONOCE
    • Historia y leyendas
    • Fiestas
    • Gastronomía
  • QUE VER
    • Faros y cabos
    • Playas
    • Naturaleza
    • Patrimonio
    • Museos
  • QUE HACER
    • Rutas
    • Actividades
    • Ocio
    • Compras
    • BIenestar
  • Servicios