Vacaciones en las Rías Altas | Turismo en las Rías Altas | Guía oficial de las Rías Altas
  • Volver a RiasAltas.info
  • Blog
  • Menú Blog

"Cociña de abordo" GASTRONOMÍA NO CAMIÑO DE SANTIAGO

11/1/2022

0 Comentarios

 
Imagen
Imagen
​O RECEITARIO “COCIÑA DE ABORDO” DE PEREIRA CHEGA AO ALBERGUE DE PEREGRINOS JUAN MANUEL LÓPEZ-CHAVES
A representante autonómica, que cifrou en preto de 2.000 os peregrinos que fixeron estancia no albergue vigués, apostou por aproveitar o tirón do Camiño Portugués da Costa e a oportunidade que supón o Xacobeo para dar a coñecer a gastronomía galega
Vigo, 7 de xaneiro de 2021.- A delegada territorial da Xunta de Galicia, Marta Fernández-Tapias, recibiu de mans de José Enrique Pereira e Ruy Andrade, conselleiro delegado e director de comunicación do Grupo Pereira, 150 exemplares do seu receitario “Cociña de Abordo”, que baixo o título de “Gastronomía no Camiño de Santiago: 12 receitas con pescado e marisco”, brinda homenaxe na súa 16ª edición aos pratos do mar que os peregrinos de épocas medievais incluían nas comidas.
Un xesto por parte do grupo pesqueiro vigués que a representante autonómica enmarcou na aposta dos hostaleiros, comerciantes e empresas da cidade de Vigo de aproveitar o tirón do Camiño Portugués da Costa e a oportunidade que supón o Xacobeo para dar a coñecer a gastronomía galega. “A nosa cociña representa un valor diferencial que debemos por en valor como un dos nosos grandes atractivos para camiñar a Galicia”, sinalou Fernández-Tapias.
Os 150 exemplares estarán dispoñibles de balde para aqueles peregrinos que fagan parada no albergue Juan Manuel López-Chaves que, segundo informou a delegada, acolleu desde a súa apertura o pasado mes de xullo a preto de 2.000 peregrinos procedentes dunha trintena de países.
Pola súa banda, Ruy Andrade, director de comunicación de Pereira Produtos do Mar, indicou que con esta entrega a empresa quere celebrar a recente apertura do primeiro albergue de peregrinos na cidade. “Non podiamos celebrar de mellor maneira esta apertura de ano que compartindo cos hóspedes o noso receitario, un tributo á gastronomía do Camiño de Santiago, aos peregrinos e á historia”, sinalou, para engadir que “esperamos que cada visitante que pase por este albergue viva a experiencia xacobea e leve consigo un destes exemplares, para gozar na súa volta a casa das receitas que contén este documento histórico”. 
0 Comentarios



Deja una respuesta.

    Autor

    Geodestinos de Galicia

    Archivos

    Febrero 2025
    Diciembre 2024
    Octubre 2024
    Marzo 2023
    Diciembre 2022
    Abril 2022
    Enero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Febrero 2019

    Categorías

    Todo

    Canal RSS

INFORMACIÓN TURÍSTICA

Oficina de Turismo de A Coruña:
E-mail: oficina.turismo.coruna@xunta.es
​Teléfono: 881 881 278
Oficina de Turismo de Lugo:
E-mail: oficina.turismo.lugo@xunta.es
Teléfono: 982 231 361

INCLUYA SU NEGOCIO

Añadir negocio | Modificar negocio | Eliminar negocio
Rías Altas
SÍGUENOS:

PUBLICIDAD

Dirección: Velázquez Moreno 9
​Planta 7, oficina 16

36201 Vigo ( Pontevedra ) SPAIN
E-Mail: [email protected]
​Tarifas publicidad | Solicitar publicitarse
​
Descargar Folleto Publicidad
Catering Vigo | Catering Rías Baixas | Cursos Tablet | Cursos Online Bonificados  |  Tarjeta Fidelity | Best Choice | Consola
   © COPYRIGHT 2016. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS. Aviso legal · Política de privacidad · Política de cookies ·  Condiciones generales
Agrupación Galicia
  • Inicio
  • ORGANIZA TU VIAJE
    • Guía de establecimientos
    • Cómo llegar
  • Destinos
    • A Capela
    • A Coruña
    • Abegondo
    • Aranga
    • Ares
    • Arteixo
    • As Pontes
    • As Somozas
    • Bergondo
    • Betanzos
    • Cabanas
    • Cambre
    • Cariño
    • Carral
    • Cedeira
    • Cerdido
    • Coirós
    • Culleredo
    • Fene
    • Ferrol
    • Irixoa
    • Mañón
    • Miño
    • Moeche
    • Monfero
    • Mugardos
    • Narón
    • Neda
    • Oleiros
    • Ortigueira
    • Oza Cesuras
    • Paderne
    • Pontedeume
    • Sada
    • San Sadurniño
    • Valdoviño
    • Vilarmaior
  • CONOCE
    • Historia y leyendas
    • Fiestas
    • Gastronomía
  • QUE VER
    • Faros y cabos
    • Playas
    • Naturaleza
    • Patrimonio
    • Museos
  • QUE HACER
    • Rutas
    • Actividades
    • Ocio
    • Compras
    • BIenestar
  • Servicios