Fuente: http://www.festadoqueixo.org/
|
Fiesta del queso de arzúaFecha: Principios de marzo
Ubicación: Arzúa, La Coruña Descripción: O queixo con D.O.P. Arzúa-Ulloa é o que máis producimos e consumimos en Galicia. Elaborado con leite natural e enteiro de vaca, conta desde 1989 coa denominación de Produto Galego de Calidade. Feito artesanalmente durante séculos, coa modernización do sector a partir dos 80 introdúcense na comarca de Arzúa as primeiras cubas de aceiro, pasteurizadoras, fermentos lácticos e presoiros industriais. Isto permitiu controlar mellor o proceso de produción, aumentando a calidade do queixo. O queixo, foi recoñecido en 1995 como Denominación de Orixe Protexida, para aqueles producidos segundo un determinado método e orixinarios (leite e produción) nos concellos da Área xeográfica da D.O.P. Arzúa-Ulloa |